sábado, 31 de marzo de 2007

Localización


De todos é sabido que Galicia é verde e fermosa por todos e cada un dos seus recantos, esta é unha opinión xeralizada, non so entre todos os Galegos que viven nela e aqueles que a añoran por atoparse lonxe, senón tamén de todos aqueles que a visitan.
Aínda que podería adicar este espazo web a calquera dos innumerables e abraiantes lugares da nosa xeografía, nesta ocasión tratase de amosar e guiar a todos polos espazos rurais mais fermosos do concello de Rianxo (destacado na imaxe en cor vermella)

No hay comentarios: