sábado, 31 de marzo de 2007

Incendios

Desgraciadamente o pasado Verán 2006 resultou fatidico para a riqueza paisaxistica do concello de Rianxo e doutros da comarca por mor da devastadora vaga de incendios que asolou boa parte das zonas costeiras galegas

web do concello

Aquí tedes mais información sobre o Concello de Rianxo.

Localización


De todos é sabido que Galicia é verde e fermosa por todos e cada un dos seus recantos, esta é unha opinión xeralizada, non so entre todos os Galegos que viven nela e aqueles que a añoran por atoparse lonxe, senón tamén de todos aqueles que a visitan.
Aínda que podería adicar este espazo web a calquera dos innumerables e abraiantes lugares da nosa xeografía, nesta ocasión tratase de amosar e guiar a todos polos espazos rurais mais fermosos do concello de Rianxo (destacado na imaxe en cor vermella)

viernes, 30 de marzo de 2007

Benvidos

A través da seguinte páxina poderase desfrutar dunha agradable viaxe virtual polas singulares paraxes rurais dunha das parroquias mais enxebres e salientables dun dos concellos mais emblematicos da comarca do Barbanza.